Menú Principal
Bienvenido
Escola Atletismo
Contador
Esta páxina hoxe ...
Total: 0
única: 0
Esta páxina sempre ...
Total: 6153
única: 1171
Web ...
Total: 149285
única: 28973
Total: 0
única: 0
Esta páxina sempre ...
Total: 6153
única: 1171
Web ...
Total: 149285
única: 28973
En liña
Latest Forum Posts
Enviado por PAIVARINTABoas noites Eus. Ese ano Olimpico Tito era atleta [more ...]
10-Aug 00:42
Enviado por EusVale, no me acordaba que ya habías concretado la m[more ...]
02-Aug 18:04
Enviado por EusPAIVARINTA escribió ... La marca de Tito en 5000 m[more ...]
02-Aug 18:00
Enviado por EusY los chicos junior este año por poco.Quizás el añ[more ...]
15-Jul 17:54
Enviado por RubenFinalmente admitiron ao equipo junior feminino e a[more ...]
15-Jul 17:04
Enviado por fores_guaiParece ser que la guarderia dío sus frutos, felici[more ...]
27-May 14:27
Enviado por PAIVARINTANoraboa as atletas , a os adestradores e a o clube[more ...]
26-May 23:00
Enviado por RubenPois finalmente o clube participará na fase de asc[more ...]
25-May 13:14
Enviado por EusOk, lo tendré en cuenta en la próxima actualizació[more ...]
18-May 09:44
Enviado por PAIVARINTATamen foi atleta do S.Miguel de Oya, pero no 92 pe[more ...]
16-May 00:16
Próximos eventos
12-Oct en 10:00MEMORIAL GREGORIO PÉREZ RIVERA
25-Sep en 10:00Campionato Galego Equipos Xunior e Cadete
02-Oct en 16:00Fase Previa Campionato España Clubes Cadete
09-Oct en 16:00Fase Previa Campionato España Clubes Xunior
Clubes Asociados
Canal Youtube
Patrocinador
Institucións colaboradoras
Empresas colaboradoras
Normativa
NORMATIVA CLUB SAN FERNANDO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA
XENERALIDADES
- Os novos atletas adquirirán o chándal do club mediante abono do seu importe. Recoméndase a súa utilización nas competicións que o atleta represente ó club.
- Recórdase a obrigatoriedade que teñen os atletas do club, sen excepción, de empregar camiseta e pantalón oficiais do club en tódalas competicións, tanto oficiais como populares, nas que se inscribiron como atletas do mesmo, así como nas cerimonias de entrega de premios.
- No caso de ATLETAS NON VETERANOS, as inscricións para competir efectuaranse a través do club nos impresos oficiais dispostos ao efecto polo responsable de inscricións e coa conformidade do adestrador respectivo (sen os devanditos requisitos, non se efectuará inscrición ningunha nin se aboarán gastos de viaxe).
- Para os ATLETAS VETERANOS, as inscricións en Campeonatos Oficiais de Galicia e de España, tramitaranse a través do club, para o que poderán remitir as súas inscricións mediante fax ou correo electrónico.
- GASTOS DE DESPRAZAMENTO. Créase unha Comisión Técnica formada por tres membros: presidente, director técnico e un vocal. A Xunta Directiva delega na citada comisión as decisións vinculadas a desprazamentos, autorización de gastos, dietas, casos particulares, excepcións e, en xeral, todo o relacionado co presente apartado.
- O club non pagará ningún tipo de inscrición para ningunha proba.
- A formalización da inscrición para un campeonato de España de atletas que non dispoñan de marca mínima requerirá un estudo previo da Comisión Técnica.
- Os atletas poderán solicitar dietas por manutención e desprazamentos, naquelas competicións expresamente sinaladas pola Xunta Directiva, unha vez publicado o calendario oficial de competicións.
- Establécense as seguintes dietas:
- Dietas de manutención (con factura e xustificante)
- Almorzo: 3€
- Xantar ou cea: 15€
- Desprazamento dentro da Comunidade Autónoma de Galicia: 0'15 €/km
- Requírese o visto e prace previo da Comisión Técnica coa finalidade de coordinar desprazamentos con atletas que asistan á mesma competición.
- Desprazamentos fóra de Galicia: 0,15€/km
- As solicitudes de dietas por desprazamento serán previamente estudadas pola Comisión Técnica. Estas dietas inclúen tódolos gastos orixinados polo mesmo
- Dietas de manutención (con factura e xustificante)
- Cando o club programe un desprazamento de forma conxunta, non se pagarán viaxes en coche particular, salvo casos excepcionais debidamente xustificados con anterioridade.
- Os atletas poderán solicitar ó club o modelo de “impreso de xustificación de gastos” que deberá ser cuberto por toda persoa que pretenda o reembolso de gastos por parte do club. O impreso deberá ser remitido ao club sempre dentro dos quince días seguintes á celebración da competición. Os xustificantes que deberán acompañar este impreso (facturas ou similar) deberán ser presentados a nome do club. Poñerase a disposición dos atletas o modelo impreso na páxina web do club: sflucus.blogdns.com
- Os atletas veteranos non terán dereito a dietas.
- Faise especial fincapé na obrigatoriedade, salvo causa moi xustificada, que teñen os atletas de participar nas competicións que o club considere de especial importancia ou relevancia.
Establécense como criterios básicos:
DOCUMENTACIÓN A APORTAR POLOS NOVOS ATLETAS
- Copia do DNI do atleta e, no caso de ser menor de idade, aportarase ademais copia do DNI do seu pai, nai, titor ou representante legal.
- 1 fotografía tamaño carnet.
- Ficha de datos persoais.
Prégase encarecidamente préstese a máxima atención a estas normas, quedando a Xunta Directiva a disposición dos interesados para calquera aclaración.



















