Menú Principal
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
[ ]
[ ]
Escola Atletismo
Contador
Esta páxina hoxe ...
Total: 9
única: 1

Esta páxina sempre ...
Total: 6186
única: 1174

Web ...
Total: 149480
única: 29013
En liña
Invitados: 6
Membros: 0
Nesta páxina: 2
Membros: 101, Último: boydolbuy
Latest Forum Posts
Enviado por PAIVARINTA
Boas noites Eus. Ese ano Olimpico Tito era atleta [more ...]
10-Aug 00:42

Enviado por Eus
Vale, no me acordaba que ya habías concretado la m[more ...]
02-Aug 18:04

Enviado por Eus
PAIVARINTA escribió ... La marca de Tito en 5000 m[more ...]
02-Aug 18:00

Enviado por Eus
Y los chicos junior este año por poco.Quizás el añ[more ...]
15-Jul 17:54

Enviado por Ruben
Finalmente admitiron ao equipo junior feminino e a[more ...]
15-Jul 17:04

Enviado por fores_guai
Parece ser que la guarderia dío sus frutos, felici[more ...]
27-May 14:27

Enviado por PAIVARINTA
Noraboa as atletas , a os adestradores e a o clube[more ...]
26-May 23:00

Enviado por Ruben
Pois finalmente o clube participará na fase de asc[more ...]
25-May 13:14

Enviado por Eus
Ok, lo tendré en cuenta en la próxima actualizació[more ...]
18-May 09:44

Enviado por PAIVARINTA
Tamen foi atleta do S.Miguel de Oya, pero no 92 pe[more ...]
16-May 00:16

Próximos eventos
Clubes Asociados
Canal Youtube
canal_youtube.jpg
Patrocinador
logocaixa.jpg
Institucións colaboradoras

concelleriadeportes.jpg

fundaciondeportegalego.jpg

ins_deportes.jpg
Empresas colaboradoras
Aislamientos Lugo S.L.

Promociones Asvigal

col_castro-parga.jpg

ENOR

Halcourier

Optica De la Torre

Ramos y Loures

Suguimar

col_lacaixa.jpg

miguelsport-small.jpg
Becas Castro-Parga

BASES DA CONVOCATORIA



CAPÍTULO I.- OBXECTO-PERMISOS E SOLICITUDES.


CORE_LAN18http://i167.photobucket.com/albums/u153/Eus-Thor/atletismo/castro-parga.jpg
http://www.castroparga.com/

Castro Parga S.L., empresa de decoración dende hai 60 anos e un referente no mercado galego da pintura e os revestimentos, comprométese na tempada 2008-2009 co atletismo a través da creación de bolsas.

ARTIGO 1º.

1.1.- O obxecto da presente convocatoria é a regulación para a concesión de Bolsas a deportistas con licencia no S.F. Lucus que ó longo da presente tempada destaquen pola súa participación e éxitos deportivos.
1.2.- As bolsas otórganse con cargo á concesión da empresa Castro Parga S.L. cun importe total de 1000 € en forma de vales de material deportivo na tenda InterSport.

ARTIGO 2º. CONDICIÓNS DA SOLICITUDE

Poderán solicitar bolsas todos aqueles deportistas que cumpran as seguintes condicións:
2.1.- Ser deportista con licencia atlética no S.F. Lucus.
2.2.- Ter realizado actividade deportiva durante a temporada 2008-09 co clube.
2.3.- Non ter recibido a bolsa na tempada anterior.

ARTIGO 3º. FINALIDADE

A finalidade das Bolsas é axudar nos gastos de adquisición de material deportivo.

ARTIGO 4º. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Os interesados presentarán, dende o 2 de decembro de 2009 ata as 24h do  13 de decembro, os documentos que a continuación se relacionan:

4.1.- FOLLA DE SOLICITUDE e currículo deportivo, segundo modelo que consta nos Anexos I, debidamente cumplimentados.


CAPÍTULO II.- REGRAS DE PROCEDEMENTO

PRIMERA FASE.- INICIACIÓN.

ARTIGO 5º. PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA

A convocatoria da beca, así como as demáis publicacións previstas nestas bases, realizaránse no tablón de anuncios do Clube S.F. Lucus sito nas Pistas Gregorio Pérez Rivera e na páxina web oficial do Clube, www.sflucus.org.

ARTIGO 6º. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaránse na sede social do Clube, sita nas Pistas Gregorio Pérez Rivera, R. Filarmónica Lucense, nº3, Lugo, de luns a venres, excepto festivos, e en horario de 19 a 20h, ou no correo electrónico sflucus©yahoo.es (aconséllase guardar copia do envío para posibles reclamacións).

SEGUNDA FASE.- INSTRUCCIÓN.

ARTIGO 7º. EXAME DAS SOLICITUDES E SELECCIÓN DOS BENEFICIARIOS.

Recibidas as solicitudes, o equipo de comisión de bolsas formada polo presidente e dous vocais do Lucus máis un representante da Empresa Castro Parga e un representante do Excmo. Concello de Lugo avaliará as mesmas, para o que recabará os informes e datos que considere oportunos. A continuación, a comisión de bolsas emitirá un informe que conteña a relación de beneficiarios das mesmas coa cuantía correspondente a cada un deles.

ARTIGO 8º. TRÁMITE DE AUDIENCIA.

Efectuada a publicación das bolsas no taboleiro e web oficial, os interesados, no prazo de 3 días naturais, poderán alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes. Se antes do vencemento do prazo os interesados non presentan alegacións nin aportan novos documentos ou xustificacións, darase por finalizado o proceso.

TERCERA FASE.- RESOLUCIÓN.

ARTIGO 9º. ADXUDICACIÓN DAS BECAS.

Informadas as reclamacións, confeccionarase a relación definitiva de beneficiarios, que se someterá á aprobación pola comisión de bolsas. Unha vez aprobadas, a relación definitiva de beneficiarios notificarase o acordo ós interesados.


CAPÍTULO III.- OBRIGACIÓNS DO BENEFICIARIO E ABONO DAS BOLSAS.

ARTIGO 11º. OBRIGACIÓNS DO BENEFICIARIO.

Son obrigacións do beneficiario :

a) No caso de que o beneficiario se dese de baixa ou cambiase de club na tempada seguinte non terá dereito a bolsa.

c) O beneficiario/a da tempada 2008-2009 non poderá acceder ás bolsas na tempada seguinte.

ARTIGO 12º. ABONO.

As bolsas concedidas faranse efectivas polo clube a modo de vale polo valor que corresponda.


CAPÍTULO IV.- CONTROL DAS BOLSAS.

ARTIGO 12º. ANULACIÓN.

Procederase á anulación da beca nos seguintes supostos:
a) Obter a Bolsa tendo falseado ou alterado os datos que se solicitan e que non correspondan á realidade, así como o incumprimento das obligacións e requisitos establecidos con carácter xeral as presentes bases.

c) Incumprimento das condicións impostas con motivo da concesión.

d) A negativa ou obstrucción ás actuacións de control previstas nestas bases.


CAPÍTULO V.- VALORACIÓN, BAREMACIÓN, NIVEIS E DISTRIBUCIÓN.

ARTIGO 14º.

14.1.-VALORACIÓN.
A valoración realizaráse, sobre aqueles resultados que o deportista obteña durante a pasada tempada 2008-2009.

14.2.- BAREMOS.
O criterio para valorar as solicitudes consistirá en avaliar a actuación dos deportistas según marca e competición:

A) Deportista internacionais convocados pola súa Federación.

A-1: Participantes en Olimpiadas e Campionatos do Mundo que requiran mínima recoñecida pola IAAF (ata 40 puntos según posto e marca).
A-2: Participantes en Campionatos de Europa ou Xogos Mediterráneos (ata 35 puntos según posto e marca).
A-3: Participantes en Paraolimpidas (ata 20 puntos según posto e marca).
A-4: Deportistas internacionais (ata 15 puntos).

B) Participantes en Campionatos Absolutos de España e nacionais.

B-1: Campións de España Absolutos (20 puntos).
B-2: Segundo e terceiro clasificado en Campionatos de España Absolutos (19 e 18 puntos).
B-3: Finalista (4º-8º clasificado en Campionatos de España Absolutos) (16 puntos).
B- 4: Participantes ou con mínima en Campionatos de España Absolutos (15 puntos).
B-5: Campións de España (14 puntos)
B-6: Segundo e terceiro clasificado en Campionatos de España (13 puntos).
B-7: Finalista (4º-8º clasificado en Campionatos de España) (12 puntos)
B-8: Participantes ou con mínima en Campionatos de España (11 punto).

C) Participantes en Campionatos Absolutos de Galicia ou autonómicos.

C-1: Campións Absolutos de Galicia (10 puntos)
C-2: Segundo e terceiro clasificado no Campionato Absoluto Galego (9 e 8 puntos).
C.3. Finalista (4º-8º clasificado no Campionato Absoluto de Galicia) (7 puntos).
C.4. Participante no Campionato Absoluto de Galicia (6 puntos).
C-5: Campións de Galicia (5 puntos).
C-6 Segundo e terceiro clasificado no Campionato de Galicia (4 puntos).
C.7. Finalista (4º-8º clasificado no Campionatos de Galicia (3 puntos).
C.8. Participante no Campionato de Galicia (2 puntos).
C.9. Campión provincial, segundo e terceiro clasificado no Campionato provincial (1 punto).

D) Puntos adicionais se se establece calquer Récord autonómico, nacional ou internacional (3, 5 e 10 puntos respectivamente).

Notas:
-Considérase só unha marca por proba e competición.
-No caso de Récords en probas de relevos darase a mesma puntuación a tódolos membros do equipo.
-Non se inclúen as probas non recoñecidas pola IAAF.
-En caso de empate procederase da seguinte maneira:

-Darase máis valor á proba de máis nivel ou ó posto.
-Se persiste o empate valorarase a antigüedade no clube.
-Se persiste o empate farase por sorteo.
-En caso de quedar desertas algunhas das becas repartirase entre as anteriores.

14.4.-DISTRIBUCIÓN DAS BOLSAS.
Estableceranse bolsas polo seguinte valor sen distinción de categoría:

1. Unha beca de 500€ en vales de material deportivo para aquel/a atleta coa mellor puntuación.
2. Unha beca de 300€ en vales de material deportivo para aqueles/as atletas coa segunda mellor puntuación.
3. Unha beca de 200€ en vales de material deportivo para aqueles/as atletas coa terceira mellor puntuación.


CAPÍTULO VI.- ANEXOS.

Descargar archivo Excell.